martes, 12 de septiembre de 2017

Bo comezo de curso!!

Ola guais!

Que tal foi o verán? Vides cas pilas cargadas a tope?

Bueno... deséxovos de todo corazón que teñades un bo comezo de curso 2017/18 e que o curso vos sexa moi levadeiro. Con un pouco de esforzo e constancia non ides ter problema!!

Como sabedes este ano vou a dar clase en Zas. Iso non significa que vos perda a pista, vou saber de vós porque como sabedes ahí teño contactos que me van a informar das vosas andanzas por Ponteceso. 
Contade que vos faga algunha visita, aínda non sei cando pero... eso en canto poida acercareime ao cole para saudarvos e saber que tal vos vai!!

Non sei que vou facer co blog. Xa vos irei contando!!

Un saúdo para os tod@s!!!

Cristina.


martes, 27 de junio de 2017

Festival e fin de curso

Ola guais!!

Pasou o día e pasou a romería!!

O pasado venres 23 de xuño celebramos a primeira edición do Festival P de Pondal. Nel gozamos cas estupendas actuacións musicais de todos os compañeiros do colexio.O nivel foi altísimo e notouse que houbo moito esforzo e traballo detrás.

Ese día foi de sentimentos encontrados, xa que, por unha parte deixabamos un curso 2016- 17 cheo de vivenzas, aprendizaxes ... e por outro queríamos que chegase o verán para descansar, disfrutar, xogar...

Quero darvos as grazas a todos/as polo ben que me acollestedes, sentinme apoiada e querida e iso é o mellor que pode pasar desempeñando este traballo. 

Soamente me queda desexarvos un bo verán, que recarguedes moito as pilas para empezar posteriormente cuarto a tope!!!

Ánimo guais!! Seguireivos a pista!!

Agora a disfrutar ca vosa marabillosa actuación de we will rock you!!



Acrosport we will rock you 3ºB from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.

martes, 20 de junio de 2017

FESTIVAL P DE PONDAL

Olaa!!

Xa queda menos para disfrutar da 1ª edición do Festival P de Pondal.


Despois de moitos preparativos e ensaios, podemos decir que estamos preparados e dispostos para dar o mellor de nós, converternos nuns artistas semiprofesionais  e deleitarvos cun fermoso espectáculo que todo o colexio esta preparando para vós!!

Así que non faltedes o venres 23 de xuño!!! Contavos con vós!!!

Aquí vos deixo o cartel!!


miércoles, 14 de junio de 2017

Ultimas actividades de xuño

Ola guais!!
Estamos na conta atrás... soamente quedan 7 días de clase para as ansiadas vacacións de verán. Toca facer os últimos esforzos e logo a disfrutar do tempo de lecer. A continuación vos deixo uns vídeos das últimas activiades que se levaron a cabo no edificio das escolas. 

O pasado venres 9 de xuño gozamos ca obra teatral "A galiña azul" representada por compañeiros/as do colexio e dirixida pola mestra Luisa.

Hoxe, mércores 14 de xuño tocounos disfrutar coma nunca grazas a AMPA do colexio que nos organizou unha estupenda actuación do Mago Álex. 

Pásamolo Guai!!

                                          Teatro Escolar 

Teatro escolar A galiña azul


                                                     Actuación do Mago Álex

lunes, 12 de junio de 2017

Tema 12 mate; unidades de capacidade. masa e tempo.

Ola guais!

Xa estamos na recta final. Porén os últimos contidos que abordaremos en matemáticas serán as medidas de capacidade e masa (incidiremos soamente nos submúltiplos). Posteriormente recordaremos as unidades de medida do tempo! Ánimo!!


                                                  VÍDEO DE REPASO



Practica aquí


Repasa aquí



Xoga aquí

Repasa aquí



Practica aquí



sábado, 3 de junio de 2017

Excursión a Sta Cruz (Oleiros)

Ola!

Empezamos o mes de xuño difrutando dunha xenial saída a Sta Cruz de Oleiros.
Alí gozamos de diferentes actividades deportivas; xogos predeportivos, quiniela loca de apostas, escalada, tiro con arco, canoas, xogos na area....

Pasámolo guai!! 



Útimas Saídas de maio

Ola!

O pasado luns 29 de maio o alumnado de 3º a 6º de E.P. participou nun obradoiro entorno ao Himno Inclusivo xestionado pola Fundación Eduardo Pondal coa colaboración da ONCE e da Federación de Xordos galegas.

Este obradoiro serviunos para reflexionar cómo é o día a día das persoas con discapacidade sensorial, coñecer as súas formas de comunicación (braille, linguaxe de signos...).

Despois camiñamos a pé ata a casa do bardo Eduardo Pondal para realizar unha ofrenda floral e para interpretar o Himno Galego acompañados do alumnado do CEIP As Forcadas de Corme.

Aquí unhas fotos para o recordo!



O martes 30 de maio a tarde, visitamos o Edificio das Escolas para disfrutar da representación teatral "A galiña azul". Esta obra de teatro foi interpretada polos nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro de Ponteceso. Nela atopamos moitos compañeiros/as coñecidos que realmente fixeron un papel digno de admirar. Parabéns!!!




domingo, 21 de mayo de 2017

Festiletras Galegas

Ola!
O pasado17 de maio adicouse o Día das Letras Galegas a Carlos Casares. Dende o cole e baixo a dirección do equipo de dinamización da lingua galega, quixemos conmemorar esta data facendo un lipdub ou videoclip coa canción Meu o mundo é de Paco Nogueiras. Agardamos que vos guste.


O xoves 18 de maio con mor da celebración da semana da Festiletras, recibimos unha visita especial onde coñecimos un pouquiño máis o por qué se celebra o Dia das Letras Galegas, a obra de Carlos Casares, recitamos e escribimos poemas... 


Ciencias Sociais:Os traballos.

Ola!
En ciencias sociais terminaremos o trimestre abordando os Temas 7 e 8 referidos aos estudo "dos traballos". Porén, ide repasando os contidos a diario. Para que sexa máis divertido aquí vos deixo unhas actividades interactivas.

ÁNIMO guais!! Un último esforzo!!


Aprende e xoga



Repasa e practica




RESUMO DO TEMA

Tema 11; La Longitud.

Ola!
Iniciamos a recta final do trimestre aprendendo as unidades de medida.
Abordaremos en primeiro lugar o tema nº11 adicado á lonxitude. Para que vaiades repasando, aquí vos deixo unhas actividades interactivas.

APRENDE 


Aprende y juega 


Repasa y juega aquí
                                             

                   Autoevaluación de la Unidad

                                   

domingo, 7 de mayo de 2017

Tema 11 e 12 de Lingua Caselá.

Boas raparig@s!
Aquí vos deixo unhas actividades interactivas para que repasedes o Tema 11 e 12 de Lingua Castelá. ÁNIMO!!! Que xa estamos na recta final de fin de curso!!

Practica aquí

Repasa aquí

Practica aquí

Partes de una entrevista



Repasa aquí


Aprende y repasa aquí


Repasa y practica aquí


PASOS PARA ESCRIBIR UN CUENTO

jueves, 27 de abril de 2017

Contacontos e Saída A Coruña

Ola de novo!!

Esta semana foi diferente é xenial!
O luns disfrutamos cunha estupenda xornada de animación a lectura sobre o libro "A bruxiña da Sorte" que estamos a traballar na hora de ler diaria.



Animación a lectura. - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

O xoves disfrutamos dun estupendo concerto didáctico-musical que se levou a cabo no Ágora, (A Coruña). Posteriormente xantamos e xogamos no Parque de Sta Margarita. 

PÁSAMOLO BOOMBAA!!








sábado, 22 de abril de 2017

Colpbol 3ºA e 3ºB

Ola raparig@s!

Na área de Eduación Física estivemos traballando durante 15 días un deporte alternativo chamado Colpbol. Dito deporte aínda é bastante descoñecido pero pouco a pouco estase a introducir nos colexios, xa que é un deporte coeducativo que favorece a participación de todos e todas. Espero que vos gustase!!

Como remate aquí vos deixo un video resumo dos xogos e partidos disputados de Colpbol.

Tema 10; Números decimais.

Boas!
Aquí tedes algunhas actividades interactivas para repasar o tema nº 10 de matemáticas adicado ao estudo dos números decimais. Recordade que ao acabar o tema faremos un control do tema 9 e 10.
Ánimo guais!!

Repasa aquí

Aprende aquí


Practica aquí


Calcula aquí


Calcúlame

Practica aquí

lunes, 17 de abril de 2017

C.Socias.Tema 6:A localidade e o Concello.

Ola raparig@s!

Tras as vacacións de Semana Santa, toca volver a rutina diaria. 
Deixóvos unhas actividades interactivas para que vaiades repasando a cotío o Tema nº 6 de sociais.

Animoo!

            Aprendo os contidos da unidade

ACTIVIDADE LIM
Aprende e xoga

XOGA E APRENDE



Repasa e xoga


REPASA AQUÍ
Aprende

lunes, 3 de abril de 2017

Flores de primavera

Ola raparig@s!

Como xa entramos na primavera, en plástica, fixemos uns traballiños moi "guais" para darlle a benvida a esta estación por todo o alto.


Resumen del libro de lectura "La Noche de los monstruos".

Hola,somos Alex y Pablo.

A continuacion haremos un resumen del libro titulado "La noche de los monstruos",que leímos en el segundo trimestre.


Había una vez 2 niños llamados Guillermo y Arturo.Un dìa fueron a una casa abandonada. Era del marido de una señora llamada Adelaida. Cuando Arturo y Guillermo entraron a la casa, un hombre asomó la mano, se llamaba Harold.

Un dia Adelaida y Harold encontraron unos números que eran "1.900" y un acróstico que decia<<Chilla,menos,negro,allí.>> Que significa;  
        
                               chi-    me-     ne-     a.

Después Adelaida y Harold llamaron a los 2 amigos (Arturo y Guillermo).

Cuando llegaron a la casa abandonada, Guillermo cayó por la chimenea y tiró a Arturo y como iban disfrazados de zombie y esqueleto ahuyentaron a Gafas Negras y a Cabeza Pelada.

Después, leyeron una nota que decía. <<Encontrarás algo, si miras a los ojos al búho y le retuerces el cuello>>.

Todos miraron el bastón de Adelaida. Giraron la cabeza al búho y cayeron muchas monedas de oro. Luego Adelaida llevó a los dos amigos a la fiesta de disfraces.

Y colorín colorado este resumen se ha acabado.



Dibujo realizado por Alexandru.



jueves, 30 de marzo de 2017

As Fraccións

Ola guais!
Xa iniciamos o tema 9 de matemáticas adicado as fraccións. Para que vaiades repasando aquí vos deixo algunhas actividades  interactivas para practicar.
ÁNIMO!!



Concepto de fracción


Practica e aprende aquí


Comparación de fraccións
Fraccións decimais


Fraccións decimais

Visita a Sogama

O venres 24 de marzo fumos de excursión a unha fábrica de reciclaxe (Sogama). Cando chegamos explicáronos en que iba a consistir a excursión cunha maqueta.

Observando a maqueta das instalacións de Sogama.




Despois fomos a unha sala con moitas sillas e déron nos unha tarxeta con fotos de papeis, cartóns, botellas ect. Habia catro contenedores,un gris, outro   amarelo, outro azul e outro verde.



Alí tiñamos  que   meter a tarxeta no contenedor axeitado. 
Despois merendamos.Cando acabamos de merendar déronos unha mascarilla,unha rede para o pelo,un chaleco e un casco. 

Vimos trens, camións e grúas. Primeiro   vimos  descargar   un  vagón.     Despois  subimos  a   unha  sala    onde  habÍa  dúas  chicas  separando o lixo. 

Tamén vimos as latas aplastadas que formaban un paquete.
Despois  montamos  no    bus  e  íbannos  explicando  cousas, por   exemplo que  o lixo do   contenedor   gris o queimaban para  facer electricidade.

PASÁMOLO  BOMBA!


Unha foto de recordo, que guap@s!!!

Este artículo foi redactado por Claudia Ures, coa importante axuda da  súa compañeira e experta en informática Daniela U.

viernes, 24 de marzo de 2017

Floorball 3ºA e 3º B

Ola guais e rapeiros do Pondal!

Nos últimos quince días na área de Educación Física estivemos a practicar un deporte alternativo bastante novidoso e que nos encantou, trátase do FLOORBALL. Un deporte parecido ao Hockei que se xoga con sticks e pelota de plástico. 

Que ben o pasamos!! 

A continuación no vídeo podedes comprobalo!!

jueves, 9 de marzo de 2017

Día da Muller.

Ola!

Co gallo do Día da Muller que se conmemora cada 8 de marzo, no cole decidimos investigar e coñecer a distintas mulleres que foron moi importantes en diversos ámbitos como a ciencia, o deporte,a historia,a pintura, a política...

Ademais de ser investigadores, sacamos a relucir o noso lado artístico e basándonos na obra do israelí Hanoch Piven e empregando diverso material de refugallo, púsemonos mans a obra e... velahí os nosos retratos creativos!!!

lunes, 27 de febrero de 2017

Entroido.

Viva o circo!!
Despois de un par de meses de decoración e preparación dos disfraces,  ensaios das cancións cirquenses e demais... por fin chegou a data de celebrar o entroido.  Vestímonos cas nosas mellores galas e cheos de ilusión,alegría e bo humor desfilamos polo pobo, cantamos as cancións do circo que a mestra Luisa nos ensinou, disfrutamos ca compañía dos amig@s e familiares...
Que ben o pasamos!

Dia de Rosalía de Castro.

Boas!
O pasado 24 de febreiro co gallo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria homenaxeou a poetisa galega recitando o  seu poema máis representativo;"Adeus ríos e adeus fontes".