jueves, 30 de marzo de 2017

Visita a Sogama

O venres 24 de marzo fumos de excursión a unha fábrica de reciclaxe (Sogama). Cando chegamos explicáronos en que iba a consistir a excursión cunha maqueta.

Observando a maqueta das instalacións de Sogama.




Despois fomos a unha sala con moitas sillas e déron nos unha tarxeta con fotos de papeis, cartóns, botellas ect. Habia catro contenedores,un gris, outro   amarelo, outro azul e outro verde.



Alí tiñamos  que   meter a tarxeta no contenedor axeitado. 
Despois merendamos.Cando acabamos de merendar déronos unha mascarilla,unha rede para o pelo,un chaleco e un casco. 

Vimos trens, camións e grúas. Primeiro   vimos  descargar   un  vagón.     Despois  subimos  a   unha  sala    onde  habÍa  dúas  chicas  separando o lixo. 

Tamén vimos as latas aplastadas que formaban un paquete.
Despois  montamos  no    bus  e  íbannos  explicando  cousas, por   exemplo que  o lixo do   contenedor   gris o queimaban para  facer electricidade.

PASÁMOLO  BOMBA!


Unha foto de recordo, que guap@s!!!

Este artículo foi redactado por Claudia Ures, coa importante axuda da  súa compañeira e experta en informática Daniela U.

No hay comentarios:

Publicar un comentario