sábado, 3 de junio de 2017

Útimas Saídas de maio

Ola!

O pasado luns 29 de maio o alumnado de 3º a 6º de E.P. participou nun obradoiro entorno ao Himno Inclusivo xestionado pola Fundación Eduardo Pondal coa colaboración da ONCE e da Federación de Xordos galegas.

Este obradoiro serviunos para reflexionar cómo é o día a día das persoas con discapacidade sensorial, coñecer as súas formas de comunicación (braille, linguaxe de signos...).

Despois camiñamos a pé ata a casa do bardo Eduardo Pondal para realizar unha ofrenda floral e para interpretar o Himno Galego acompañados do alumnado do CEIP As Forcadas de Corme.

Aquí unhas fotos para o recordo!



O martes 30 de maio a tarde, visitamos o Edificio das Escolas para disfrutar da representación teatral "A galiña azul". Esta obra de teatro foi interpretada polos nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro de Ponteceso. Nela atopamos moitos compañeiros/as coñecidos que realmente fixeron un papel digno de admirar. Parabéns!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario