martes, 27 de junio de 2017

Festival e fin de curso

Ola guais!!

Pasou o día e pasou a romería!!

O pasado venres 23 de xuño celebramos a primeira edición do Festival P de Pondal. Nel gozamos cas estupendas actuacións musicais de todos os compañeiros do colexio.O nivel foi altísimo e notouse que houbo moito esforzo e traballo detrás.

Ese día foi de sentimentos encontrados, xa que, por unha parte deixabamos un curso 2016- 17 cheo de vivenzas, aprendizaxes ... e por outro queríamos que chegase o verán para descansar, disfrutar, xogar...

Quero darvos as grazas a todos/as polo ben que me acollestedes, sentinme apoiada e querida e iso é o mellor que pode pasar desempeñando este traballo. 

Soamente me queda desexarvos un bo verán, que recarguedes moito as pilas para empezar posteriormente cuarto a tope!!!

Ánimo guais!! Seguireivos a pista!!

Agora a disfrutar ca vosa marabillosa actuación de we will rock you!!



Acrosport we will rock you 3ºB from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario