jueves, 30 de marzo de 2017

As Fraccións

Ola guais!
Xa iniciamos o tema 9 de matemáticas adicado as fraccións. Para que vaiades repasando aquí vos deixo algunhas actividades  interactivas para practicar.
ÁNIMO!!



Concepto de fracción


Practica e aprende aquí


Comparación de fraccións
Fraccións decimais


Fraccións decimais

Visita a Sogama

O venres 24 de marzo fumos de excursión a unha fábrica de reciclaxe (Sogama). Cando chegamos explicáronos en que iba a consistir a excursión cunha maqueta.

Observando a maqueta das instalacións de Sogama.




Despois fomos a unha sala con moitas sillas e déron nos unha tarxeta con fotos de papeis, cartóns, botellas ect. Habia catro contenedores,un gris, outro   amarelo, outro azul e outro verde.



Alí tiñamos  que   meter a tarxeta no contenedor axeitado. 
Despois merendamos.Cando acabamos de merendar déronos unha mascarilla,unha rede para o pelo,un chaleco e un casco. 

Vimos trens, camións e grúas. Primeiro   vimos  descargar   un  vagón.     Despois  subimos  a   unha  sala    onde  habÍa  dúas  chicas  separando o lixo. 

Tamén vimos as latas aplastadas que formaban un paquete.
Despois  montamos  no    bus  e  íbannos  explicando  cousas, por   exemplo que  o lixo do   contenedor   gris o queimaban para  facer electricidade.

PASÁMOLO  BOMBA!


Unha foto de recordo, que guap@s!!!

Este artículo foi redactado por Claudia Ures, coa importante axuda da  súa compañeira e experta en informática Daniela U.

viernes, 24 de marzo de 2017

Floorball 3ºA e 3º B

Ola guais e rapeiros do Pondal!

Nos últimos quince días na área de Educación Física estivemos a practicar un deporte alternativo bastante novidoso e que nos encantou, trátase do FLOORBALL. Un deporte parecido ao Hockei que se xoga con sticks e pelota de plástico. 

Que ben o pasamos!! 

A continuación no vídeo podedes comprobalo!!

jueves, 9 de marzo de 2017

Día da Muller.

Ola!

Co gallo do Día da Muller que se conmemora cada 8 de marzo, no cole decidimos investigar e coñecer a distintas mulleres que foron moi importantes en diversos ámbitos como a ciencia, o deporte,a historia,a pintura, a política...

Ademais de ser investigadores, sacamos a relucir o noso lado artístico e basándonos na obra do israelí Hanoch Piven e empregando diverso material de refugallo, púsemonos mans a obra e... velahí os nosos retratos creativos!!!